Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/10/13

Oliver Twist

O outro fermoso álbum co que nos sorprende a editorial Baía é Oliver Twist, con texto de Juliette Saumande e ilustracións tamén de Daniela Volpari. O libro está baseado na famosa novela de Charles Dickens: un orfo de nove anos sofre a explotación, a fame e o medo e é utilizado por un carteirista maltratador; o mérito deste libro é que non perde nin un ápice sobre o orixinal, unha historia conmovedora que segre a conmovernos.


Parabéns á editorial Baía por conseguir traernos á nosa lingua esta historia imprescindible ilustrada.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.