Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/10/13

Quen lle ten medo á Carapuchiña Vermella?

Mellor libro ilustrado no ano 2009, Quen lle ten medo á Carapuchiña Vermella? é un simpático álbum de Sara Sahinkanat e Ayse Inan Alican publicado por Linteo. Unha maneira oposta de adentrarse no clásico conto da Carapuchiña, confundíndonos cunha nova visión dos perigos e arricándonos un sorriso. Unhas ilustracións en vivas cores cheas de detalles e un texto sobre o valor da responsabilidade fan que este libro sexa moi axeitado para idades ben temperás. 
Temos que agradecer a esta editorial o feito de que nos ofreza estes álbums na nosa lingua.

"Escoita atentamente, meu amor, vexamos se estás preparado. Teño que facerche algunhas preguntas, xa que vexo que non tes medo".









Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.