Daniel Salgado é o autor de Ruído de fondo publicado por Xerais. Poemas que falan do caos, da desorde, de balbordo, do tempo. A rutura do poema para falarmos de violencia e angustia, de escuridade e claridade. Unha escrita que pasea por versos de arte coma un malabarista de circo, onde se rachan as sílabas en versos diferentes e se procura a música das notas musicaris reconvertidas en vogais, en consoantes, en palabras que son capaces de manexar eses fíos imposibles dun malabar que nos abraia, entre ruídos silenciosos dos que non saímos indemnes.
Un poemario ligado ou uns poemas soltos? Propón o autor unha desorganización organizada por un ruído de fondo que serve de ligazón e metáfora desta maldita época convulsa que vivimos. Ogallá a resposta social sexa a axeitada.
a necesidade
de desmantelar o artificio
imponse.
velaí se xogan as distancias,
a época, o reparto
de responsabilidades.
as flores negadas.
Sen comentarios
Publicar un comentario