Veño de ler este cómic publicado por El Patito Editorial, Vida de nai de Gemma Sesar, Ramón Marcos e Jorge Castelli. Un libro sobre unha muller que é nai e empresaria, traballando a tempo completo porque é así a vida dunha moza con dous nenos pequenos que ademais tenta que a crise non se faga dona da súa vida. Primeiro creou un blogue para tentar contar a vida cotiá. E logo veu o libro. Unha historia de dous nenos felices e os seus pais case aturullados por tanto traballo. Vemos como a protagonista pasa por sucesivas fases: a de superheroína, a de enferma, a de muller normal que tamén necesita axuda de cando en vez e a da muller que se esnaquiza en miles de anacos. E todo isto rodeada dunha situación económica difícil que fará que tire dos seus proxectos e os defenda por riba de todo. Así que Vida de nai constitúese nun pequeno alegato social onde denuncia que a política de igualdade non existe e que a conciliación laboral e familiar case significa ser unha "superwoman"
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
18/10/13
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario