A Terra Queima é un proxecto interdisciplinar do compositor coruñés Lalo Carnota, as
ilustracións de Sesé Barreiro, as fotografías de Xulio Rey e o texto de Xurxo Souto que vén de publicar a editorial Xerais. Un neno que debe axudar a resolver un enigma porque a Terra necesítao. E para isto ben lle cómpre a xuda daqueles que saben máis. Quizais a solución non sexa tan difícil e poidamos axudar.
Fermoso libro que reivindica a beleza e a eufonía das pedras que rodean á Torre de Hércules. Un roteiro magnífico da man de Antón e e dun nobelo enigmático: procuremos nós tamén o anceio de saber, abramos os ollos, sintamos eses escenarios naturais, rodeémonos da nosa natureza en estado puro.
Un libro para gozar lendo e escoitando; cada secuencia temática conta coa súa respectiva banda sonora.
Un libro para gozar lendo e escoitando; cada secuencia temática conta coa súa respectiva banda sonora.
para chegar ao altar.
A forcada busca o ollo,
o ollo corta o coitelo
e só Xan Rei o albisca
polo burato sen nome.
Avisos urxentes:
un ramalliño
do corvo no pico,
no niño dos touciños.
1 comentario:
Noraboa a Lalo Carnota e a Fausto López Barrio. Anque a árbore rematase de crecer nas mans dun equipo, cun traballo sobresainte, o principal é xestar a semente a partires dunha folla branca (ainda que sexa un pano dun café).
Publicar un comentario