Precioso álbum para os máis peques da man de Kalandraka: Boas noites, Bufo! de Pat Hutchins conquista polas ilustracións cheas de cor e ledicia e polo sistema repetitivo de palabras propio de libros deste tipo. A historia tan real dun bufo que pretende durmir de día cando os ruídos dos outros animais lle fan imposible o descanso -e aquí toparemos as onomatopeas propias de cada animal- ata a vinganza última do protagonista quen de noite non ten sono e ama facer ruídos que impiden o correcto descanso dos outros animais. Un sorriso picaresco se nos pinta na cara e a sensación de plenitude por estas ilustracións que achegarán aos novos lectores tantos animaliños que se van xuntando nas pólas da árbore. Memorización e xogo, ademais de divertimento, nun só libro. Que máis se pode pedir?
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
11/11/13
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario