Moito sentín onte non poder asistir ao acto de entrega do VI Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados. Pero para compensar teño o libro gañador, unha xoia cromática dominada pola tenrura poética. Unha fermosura!
A autora de Mamá é Mariana Ruiz Johnson e quen publica é, por suposto, Kalandraka. Un álbum que é un poema, un canto de amor con ilustracións expresivas grazas a ese estoupido de ledicia que transmiten as súas páxinas. Eu, tan mamá, estou encantada!
Deixádevos sorprender por un libro que é unha explosión de cor, delicadeza e dozura.
Sen comentarios
Publicar un comentario