Hai autores que son coma o viño: melloran cos anos. Este é o caso de Diego Ameixeiras, quen demostra a súa madureza con Matarte lentamente publicado por Xerais. E como o bo viño hai que bebelo en grolos ben pequenos para degustalo mellor, así son os capítulos deste libro de Ameixeiras: pequenos retallos das vidas dos personaxes: unha parella de xubilados preferentistas que escolle unha saída radical
para a súa decepción; unha rapaza ecuatoriana que busca unha vida mellor; unha
estudante con embarazo non desexado; unha
detective que vixía ao seu home; un pai desesperado; un narcotraficante con desexos de adoptar… Vidas
cruzadas que converxen nun límite insospeitado e que se presentan simultáneos temporalmente. Nun principio, o lector non concibe a estratexia do autor: que estamos a ler? Que teñen que ver uns con outros? Cal é o argumento? Pero este chegará na confluencia final. Un resultado que nada ten que ver con posibles investigacións das mortes, porque é este o aspecto, quizais, máis salientable desta novela negra: non hai detectives nin policías que precisen averiguar a verdade. Será, entón, que a morte ten a mesma validez que a vida? Será que non ten importancia morrer ou vivir dos cidadáns anónimos?
Todo isto e moito máis sucede en Compostela, símbolo aquí da sociedade capitalista en crise. Unha cidade que é rexida pola sintaxe sinxela, simple, que procede do xornalista autor. Son necesarios para unha novela tremendamente áxil que confirma a este autor como un expoñente principal do xénero negro da Literatura Galega.

1 comentario:
Encantoume
Publicar un comentario