Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/11/13

¿Qué hace un cocodrilo por la noche?


 Kathrin Kiss con ilustracións de Emilio Urberuaga son os autores de ¿Qué hace un cocodrilo por la noche? publicado por Kókinos. Un álbum sobre a timidez dun crocodilo a quen lle encanta ir ao parque para subir a un bambán, pero faino pola noite cando ninguén o ve. Claro que nun principio poderiamos pensar que o fai tan só porque é un animal perigoso e poderían tentar matalo... pero, que va! Do que se trata é de que é un animal tímido que non se atreve a relacionarse con ninguén. Pero cando coñece a unha nena que segue as súas pegadas, todo cambiará. Porque a Amizade fará a súa aparición e con ela a compañía. Ollo! Isto non significa que o animaliña esqueza que tamén é feliz cando está só... e é que sempre hai lugar para todos os sentimentos, e sempre debemos respectalos.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.