Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/11/13

Seis hombres


Imprescindible dende xa é este álbum publicado por Libros del Zorro Rojo de David McKee: Seis hombres é un alegato en contra das guerras que debemos ter nos nosos andeis para lelo sempre que teñamos algún neno ou algunha nena preto. Unha obra atemporal publicada en 1972.
O autor, dun xeito moi, moi sinxelo, explícanos a orixe das guerras e das tiranías. O medo, a inseguridade, a avaricia, mesmo os malentendidos convértense no verdadeiro motor desta tráxica historia que non é outra que a historia da humanidade.
Combinados á perfección texto e ilustración, a obra resulta absolutamente deliciosa e adictiva, facéndonos chegar dun xeito sinxelo unha mensaxe directa e cruel, pesimista por tanto, da nosa forma de ser. Porque non pensedes que ides topar un final feliz, senón que é circular, sabendo, no fondo, que todo volverá a comezar.
E iso si que é ben triste!

2 comentarios:

María Jesús dixo...

Que interesante. Nótase que é ese un tema que lle interesa e lle preocupa a David MacKee, tamén o tratou a modo de fábula no libro "Negros e Brancos" (Xerais)

Ronsel dixo...

É un libro precioso, xa verás. E xa me contarás!!!!

E grazas por falarme deste libro, que non coñecía.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.