Vén de tirar Edelvives un novo selo denominado "Contempla". E como non contemplar estas obras de arte! Estréase con dúas obras ben emblemáticas, Seda e este Amantes de Ana Juan que agora nos ocupa. Extraordinario traballo desta Premio Nacional de Ilustración 2010 que en palabras da autora foi un libro encargado pola editorial nipona Kodansha: doce historias de amor narradas con series de tan só oito imaxes. Diferentes xeitos de amar e diferentes protagonistas do amor.
É un libro fermosísimo. Os poemas van tomando forma a medida que pasamos de páxina mentres unhas ilustracións fascinantes, sorprendente, vanse leando e pasando a formar parte da nosa retina; os amantes falan coas súas miradas e os sentimentos traspasan o papel para chegaren até nós. Todas as historias conteñen amargura mesturada con ledicia, porque... alguén dixo que amar fose fácil?
"O amor final", por exemplo, fala dese amor que sostén o final da vida das dúas persoas que se queren mentres foron envellecendo xuntos. E a vellice é difícil de aceptar, pero aí está o amor, que todo o pode. As ilustracións provocan unha fenda no corazón do lector/a.

El amor fiel, aquel que siempre aguanta.
El semanal y sus cuartos secretos.
El amor volátil, sus ojos ciegos.
El final y longevo, al que la edad no apaga.
El diferente: insólito y proscrito.
El lejano, que marginan los mapas.
El dormido, que al fin alguien despierta.
El orgulloso, reo de sus trampas.
El efímero y su sol pasajero.
El desconocido, impensable escala.
Y el primero de todos los amores: aquel, remoto, que encendió la llama.
Sen comentarios
Publicar un comentario