Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/12/13

CoraSons

Estes días ando no coche sempre cun mesmo CD: o que acompaña a este libro-luxo que vén de publicar Kalandraka. Si, xa sei, tería que dicir, "libro-disco", pero como eu creo que é todo un luxo prefiro chamarlle desoutra maneira.  Ademais, como xa vos indiquei onte, ando namorada, así que maxinade o que supón escoitar continuamente un disco que vai diso, do corazón. Porque os sons do corazón reprodúcense neste CoraSons mentres que no libro se nos ofrece as imaxes que latexan baixo un mesmo anagrama. Unha inmensa ledicia que supón o Amor en galego-portugués en estado puro.
Así, teredes que cada imaxe é cantada ou que cada canción conta unha imaxe; non creo que a orde de factore altere o produto! Sexa como sexa, é unha auténtica marabilla. Ollo, a ver se pensades que estou a falar de ñoñerías. Non, falamos de sentimentos, de emocións, de latexos, de corazóns. De todos e todas nós. Porque o ser humano sente e precisa da música para desenvolverse, así como da lectura para medrar e da imaxe para fornecerse. Aquí tedes todo compiladiño. Alguén dá máis?
Caramba, non me digades que non sabedes que ides regalar neste Nadal.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.