Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/12/13

El regalo


Chamoume a atención xa pola portada este libro da editorial SM onde destacan sobre todo as fermosísimas, ricas e orixinais ilustracións de Ofra Amit con texto de  O. Henry, un vello texto que non perde a súa contemporaneidade en ningún momento. El regalo é unha preciosa historia moi acaída para estes tempos de Nadal xa que fala dese espírito de sacrifico e solidariedade que seica sentimos nesta época máis ca nunca e fala, sobre todo, de Amor. De Amor incondicional e profundo, de Amor xeneroso, de Amor compartido. Este Amor consegue que o álbum sexa idóneo para todas as idades. E máis cando comprendemos que nestes tempos de crise o libro cóntanos unha historia familiar que pode ser moi achegada.










2 comentarios:

carme dixo...

O conto é marabilloso, pero a última páxina dálle un toque edulcorado que o estropea un chisco..

Ronsel dixo...

Todo el é un pouco edulcorado... pero ímosllo perdoar!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.