A verdade é que Iban Barrenetxea conquistoume hai moito e tento conseguir os seus libros todos. Se mirades neste blogue toparedes Por el color del trigo, Blancanieves, El cuento del carpintero, Bombástica Naturalis e O cazador e a balea, o primeiro libro que del coñecín, aínda que teño que recoñecer que foi con Bombástica cando me namorou.
Agora chego a este álbum que é considerado como un dos mellores álbums deste ano que está acabando. El único y verdadero rey del bosque publicado pola editorial A buen paso, que tan bo sabor de boca nos está deixando, é un conto ao estilo tradicional e oral, cun rei déspota, tres irmáns (un parvo e grande, outro medoñento e pantasma e a muller práctica, traballadora e mandona) e un raposo que destaca por suposto pola súa astucia... e a súa tremenda beleza. Porque xa antes de velo, antes de gozar coas ilustracións que Barrenetxea nos propón, xa o noso maxín pintouno no cerebro como o animal tan fermoso que logo se nos amosa. Porque o ilustrador é tamén autor, e sabe conquistar coas palabras.
Diversión, ledicia e encanto nun conto fermoso, fantástico e ideal para ler, contar e gozar. Ou sexa, que é un libro que hai que ter. Si ou si!
Barranetxea
Barranetxea
Si un viajero se aventurase a cruzar
los helados mares del norte, si los vientos y las mareas le fueran
propicios, si sorteara las tempestades y los monstruos marinos se
apiadasen de él, desembarcaría en un lugar donde los inviernos son
largos y oscuros y en verano el sol jamás se va a dormir. Si el viajero,
tras besar la tierra -como debe hacer cualquier viajero que se precie
de serlo-, caminase tantas leguas como horas tiene el día, llegaría
hasta un bosque de abedules. Alli, a la sombra de los blancos abedules
tal vez, y sólo tal vez, el viajero llegaría hasta una casita de madera:
la casita de madera de Jaska, Kaspar y Masia.
Sen comentarios
Publicar un comentario