Foi a amiga María Jesús quen o outro día me falou deste libro ao fío da publicación destoutro do mesmo autor, David McKee: Negros e brancos está publicado pola editorial Xerais no ano 2008 e resulta un deses contos imprescindibles para traballar a Paz en calquera biblioteca escolar. Un autor, que como sabedes, é coñecido sobre todo por o creador da serie Elmer, un clásico dentro do álbum ilustrado e unha obra de referencia.
Como diciamos, é un libro de referencia para reivindicar a paz, loitar contra o racismo e contra a intolerancia. Un libro que axudará a reflexionar sobre a violencia e a intransixencia do ser humano.
Aquí ata poderedes escoitalo.
Sen comentarios
Publicar un comentario