Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/12/13

Sopra neste furadiño


Dos álbums para peques que vin nestes últimos días, este foi un dos que máis me gustou porque supón unha interacción do lector coa crianza que escoita, un verdadeiro xogo onde se dan a man, asemade, poesía e ilustración. Estamos a falar de Sopra neste furadiño de Antón Cortizas e Leandro Lamas publicado por Edicións Embora. Troquelado para soprar, o libro tráenos rimas divertidas, breves, que convidan a achegarse ao burato e non parar de soprar. Porque... quen se resiste? Se ata podes facer voar un elefante! E, por suposto, non esquezades pararvos nas fermosas ilustracións deste artista irrepetible.
Non sopraches nada ben;
achega a boca ao furado
e sopra nel outra vez.
Sopra, meu amor,
dáme un biquiño de vento
e eu a ti dareiche dous.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.