Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/01/14

3 segundos

LIBRO.3 segundos

Este é un libro para flipar e fixarse ben. Senta comodamente e olla con atención, non perdas detalle! Marc-Antooine Mathieu logra en 3 segundos publicado por Sins entido moitos máis segundos de fixación neste seu libro que non ten ningunha palabra, un xogo de zoom que vai centrándose sucesivamente en diferentes obxectos, reflectíndose uns noutros nun constante xogo que non deixa indiferente por estar todo perfectamente conectado; porque a clave da adicción que supón ollar este libro está neses reflexos tan habilmente conectados para contar o que sucede. Todo serve para reflectir a imaxe da historia, dende todos os ángulos, e para explicar todo aquilo que se nos antolla confuso nun principio. Ao final, toparemos a solución a tran sorprendente narración visual.
En branco e negro, a acción suponse que transcorre neses 3 segundos do título. Abraiante e xenail.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.