Vén Carme a botarme unha man sen ser comezo de mes. Isto si que é un luxo!
O nome de Rodrigo Cortés soa asociado á dirección
de películas como Buried ou Red lights, pero tamén é autor dun
libriño (dígoo polo tamaño do mesmo) que
se titula A las 3 son las 2, publicado por Editorial Delirio (2013). Que
se atopa detrás deste título? Pois un compendio de chíos de Twitter que, sen
chegar á súa altura, fan lembrar algo as greguerías ou aforismos de Ramón Gómez
de la Serna. Hainos enxeñosos, reflexivos, simpáticos, poéticos e algún que
outro do que se podería prescindir e non pasaría nada (nunha entrevista
radiofónica, o autor confesou que moitos foran escritos a horas totalmente
intempestivas e, de cando en vez, isto nótase).
Como son así de
mexericas, voulle pór algún que outro pero.
O primeiro, amoloume bastante que na breve anotación biográfica do
principio apareza como lugar de nacemento do autor a cidade de Orense (¿?). E, o segundo: a quen se lle
ocorrería escoller unhas tapas para o libro de tacto tan áspero e grimoso?
Aí van algúns exemplos
dos máis de catrocentos chíos que
podedes atopar se o ledes.
Las últimas galletas de los surtidos
se las acaba el que come la cereza de los pasteles
Todos llevamos un poeta dentro. Y
sale cuando escucha la palabra “Torrelodones”.
El cuadro es normalito, pero, el
marco, incomparable.
Vivir no es durar.
Las aceitunas con hueso son las
pausa publicitarias de la ensalada.
No hay ateos en los aviones.
“Sin capota, sin capota, que luego
me aso” (J. F. Kennedy, Dallas, 1963)





Sen comentarios
Publicar un comentario