Xa vedes que me informo do mundo nipón! Novamente, manga -para adultos- que cómpre ler para atrás. Asemade, un libro que engancha e que me parece de gran calidade. A verdade é que a este cheguei por recomendacións varias: El libro de los insectos humanos de Osamu Tezuka está publicado por Astiberri. Unha historia que é un thriller con protagonista feminina, cruel e coñecedora dun mundo masculino que a trataría doutro xeito se puidese. Unha reflexión sobre o egoísmo levado ata as últimas consecuencias, xa que todos os personaxes -e hai bastantes- procuran o seu propio interese; no fondo subxace unha crítica ao sistema capitalista, devorador constante.
Unha obra que paga a pena ler de ritmos vertixinoso que non decae en ningún momento.




3 comentarios:
É a proposta do Club de Lecturas Debuxadas para o mes de xaneiro.
Tes que ler Igikami
Ikigami é un comunicado de morte, unha sociedade no futuro, uns deben morrer para que todos vivan. Moi bo, tes máis no noso blog:
http://ostrasnosdoslibros.blogspot.com.es/2013/11/o-que-imos-ler-no-club-de-banda-desenada.html
Publicar un comentario