Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/01/14

Érase dos veces Cenicienta

Non sei se non me gustou tanto coma o anterior que lin, Érase dos veces Blancanieves, pero a verdade é que estes libros encántanme. Érase dos veces Cenicienta, de de Belén Gaudes e Pablo Macías con ilustracións de Nacho de Marcos que publica Cuatro Tuercas, dálle a volta ao conto tradicional e temos unha Cincenta que amosa a súa disconformidade cun príncipe que organiza un baile para coñecer mulleres e procurar unha moza entre elas. Pero quen se cre que é el? E vaillo dicir, non cuns zapatos de crital de taco alto que poden romper e producirlle diferentes cortes, senón que que vai nos seus cómodos zapatos baixos e dille unhas cantas a ese príncipe machista. El, por suposto, deseguida dáse conta de que esta moza paga moito a pena, xa que é a única que é quen de botarlle en cara as cousas que fai mal. E vai na súa procura. Pero esta moza independente que fai a súa vida libre confórmase coa amizade... cando menos de momento.
Xenial.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.