Para comezar o ano ben, este blogue conta coa colaboración de Carme que ademais me agasalla un álbum moi significativo, posto que Xapón converteuse para min en algo máis ca un país: as bágoas tan abondosas e morriñentas desta noite así o confirman.
O meu
marabilloso sombreiro (Edicións
do Cumio, 2013) é a tradución ao galego dun conto xaponés.
Escrito orixinalmente por Akiko Ishihara, esta edición bilingüe debe a
interpretación galega e as ilustracións que o acompañan a Suevia Sobral Santiago. O pequeno narrador conta como, con esforzo,
fai un sombreiro estupendo e, contento coa súa obra, decide regalala. Pero cal
será a súa sorpresa cando, por unha ou outras razóns, todos lle rexeitan a súa obra (o Sr. Formiga, o Sr.
Cabra Negra, o Sr. Can Policía, a Sra.
Abella, etc...) ata que se dá conta, grazas á Sra. Elefanta, do ben que lle
acae á súa propia cabeciña.
Acómpañase dun CD con seis
cantigas populares xaponesas en galego e as seis partituras da versión
orixinal. Se vos interesa a cultura nipona, se vos agrada escoitar música, ou
se simplemente queredes agasallalo nestas festas porque fala da xenerosidade,
non o dubidedes.
Un xeito excelente de iniciarse
no xaponés!
2 comentarios:
Ola! Son Suevia, a ilustradora de " O meu marabilloso sombreiro". Alegroume moito ler o voso comentario sobre o libro.
Mil grazas!!!
Grazas Suevia, por achegarte a esta fiestra.
Publicar un comentario