Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/02/14

A Rúa da Tixola

Gustoume ben este álbum que vén de publicar OQO baixo o título A Rúa da Tixola, de Charo Pita con ilustracións de Massimiliano di Lauro. Un relato encadeado que nos guía por un camiño que ten ida e volta ata chegar ao comezo e comprender as bondades da lectura, conclusión final tras este percorrido imaxinario e divertido onde todo sucede porque hai unha causa anterior. As complicacións vanse amañando grazas á amabilidade e o bo facer da xente. 
Se o relato é atraente e divertido, amábel e creativo, con sabor tradicional, as ilustracións non quedan atrás pola súa orixinalidade e a súa viveza de cores que fai que mesmo o branco que serve de fondo teña unha música que tanxe ladaíñas ledas e adquira todo un ritmo redondo... e feliz.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.