Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/02/14

El diario de las cajas de fósforos

Considerado como un dos mellores álbums do 2013, este El diario de las cajas de fósforos de Paul Fleischman con ilustracións de Bagram Ibatoulline publicado por Juventud, é autenticamente fermoso e sentimental, unha historia sinxela e cotiá contada coma un diario non escrito, o diario dos recordos que se gardan e escriben eles só as historias: un óso, unha chapa... tantas cousas que aparentemente non teñen valor pero si teñen aquel que nós lles deamos. Con todo isto, a importancia da cultura, o valor da escrita, da lectura. E acompañando, unhas ilustracións absolutamente deliciosas.
Unha homenaxe á emigración, á memoria, á lectura.

«—Elige el objeto que más te guste y luego te contaré su historia.
—¡Hay tantas cosas que no se qué elegir!
—Lo sabrás cuando lo veas. Y entonces yo también sabré algo más de ti, de esta bisnieta que hasta ahora solo conocía de oídas.»


3976img3

3976img5

3976img12

3976img8

3976img10

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.