Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/02/14

Fernando Pessoa, Antologia Poética

Non sei se debería dicir isto, pero a verdade é que cada nova publicación da editorial Kalandraka supón unha festa. Unha festa para os sentidos, non para o peto! Pero ter agora a Fernando Pessoa, ilustrado por Pedro Proença, na súa lingua orixinal (por suposto, merquei a edición en portugués, non en castelán) é un luxo ben pequeno e un goce ben grande. Trece poemas, trece lúas, tempo poético. Que dicir de Pessoa que non se teña dito? Achegádevos agora a el para disfrutalo cons "collages xeométricos" do ilustrador, unha fonte de cores, debuxos e tipografías que semellan estar combinadas aleatoriamente e que lle aportan ao texto luminosidade e ledicia.

AUTOPSICOGRAFIA

O poeta é um fingidor.
Finge tão completamente
Que chega a fingir que é dor
A dor que deveras sente.
E os que lêem o que escreve,
Na dor lida sentem bem,
Não as duas que ele teve,
Mas só a que eles não têm.
E assim nas calhas de roda
Gira, a entreter a razão,
Esse comboio de corda
Que se chama coração.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.