Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/02/14

La primavera del comisario Ricciardi

Foi unha feliz sorpresa descrubir arestora o comisario Ricciardi, o policía protagonista de Maurizio De Giovanni, tanta que sei seguro que volverei a el. La primavera del comisario Ricciardi non é o primeiro libro deste detective, así que se queredes inicialo dende un principio teredes que buscar o libro do Inverno. Pero chegaremos ao verán!
A novela ten un ton melancólico afastado das novelas negras. E este ton vén dado, precisamente, polo carácter do seu protagonista, un home que é quen de ver as almas dos mortos. Curioso tamén resulta a presentación dos personaxes, nunha lea ascética que vai tomando corpo a medida que vai avanzando o relato. Un relato que recrea personaxes reais, tanxibles, vidas cruzadas dos anos 30 na miseria cotiá ou na opulencia afastadora da realidade; personaxe que se moven por miserias tan humanas como o amor, a fame, a envexa, a cobiza. A perversión da humanidade pero tamén o mellor dela. Os mortos están e falan, pero non asustan, non inoportunan, non se pasa o autor coa súa presenza. 
Paga a pena, se amades a novela negra, coñecer este autor. Cunha narración lenta e inexorable, enxeñosa e sen sobresaltos. Creo que unha boa novela.
Por certo, grazas a Nine, quen ma descubriu.

Si pudiera decirlo, lo diría así: me llamo Luigi Alfredo Ricciardi y veo a los muertos.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.