Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/02/14

Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore


A verdade é que en canto souben que existía o álbum desta curta marabillosa, gañadora dun Oscar, que todos e todas coñecedes (e que vos volvo deixar aquí) lanceime a por el. O seu autor é William Joyce e está publicado por Lectorum.
O señor Lessmore é un amante dos libros que tamén escribe. Pero chega un vendaval e queda sen o seu escrito. De súpeto, voando, unha muller que voa sostida por libros para salvalo da tristura ata que chega a unha biblioteca: esta será o seu novo fogar. El coidará dos libros e os libros coidarano a el. Porque o tempo pasa e é todo volve a comezar.
Calquera persoa que ame os libros amará este álbum espectacular. Se a curta vos gustou, deixádevos seducir polo libro. Sempre está convosco, non como a curta. Unha auténcia fermosura á que volveremos de cando en vez.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.