Non me cómpre
ter unha bóla de cristal para ver o futuro: Carlos Negro percorrerá todos os centros de ensino deste noso país con este poemario que vén de publicar Xerais en Fóra de Xogo. E non é necesario ser bruxa para adiviñalo porque se Makinaria era necesario, Penúltimas tendencias é imprescindible. Non pode ser doutro xeito nesta sociedade que camiña cara a unha involución tormentosa nos dereitos da muller. A moza que nos presenta Carlos é unha adolescente con fouteza, con carácter, aquela que non se deixa guiar polos prexuízos de revistas, de películas nin de sociedades enfermas: aquela que loita por ser ela, unha persoa, non unha muller acomplexada que tan só desexa quedar ben e ligar co máis guapo. Aquela que non depende de tacos altos nin de pinturas, aquela que, en fin, non se deixa escravizar. Non é fácil. Nunha sociedade machucona a base de publicidades enganosas e estereotipos -indiscutible reinado do photoshop-, non é fácil ser unha mesma. Así é esa moza de Penúltimas tendencias: unha moza real que non pretende nin ser fashion nin cool nin chic nin sexy. Mozas que serán mulleres resoltas a fuxir do baleiro que as continuas mensaxes dunha sociedade estéril nos transmite. Como educadora, doulle as máis sinceras grazas a un poeta que se achega á mocidade cun berro de esperanza que racha clixés.
Parade a ver a portada: baixo esa aparencia tan "happy" hai unha escravización contra a que loitar.
Pasa axiña, aínda estou en pixama.
Aquí dentro son a última tendencia,
a moza que se transforma en poema.
Como unha auténtica maleducada
fago cachizas as fotos da infancia,
pinto as unllas e as paredes de negro,
deixo pelusas nas mangas dos xerseis,
escollo adrede o vestido máis feo,
protexo a parte branda das entrañas
cun estilo que me volve invisible.
Habito un cuadrilátero de dúbidas,
a anos luz do brillo das portadas,
cunha pouta de pánico no peito,
un piercing por única bandeira
e o cerebro como arma de combate.
Se o libro resulta atractivo, Carlos Negro vén con complementos. Pegatas con versos, con chíos, para deixaren pegada case indeleble:
Parade a ver a portada: baixo esa aparencia tan "happy" hai unha escravización contra a que loitar.
Pasa axiña, aínda estou en pixama.
Aquí dentro son a última tendencia,
a moza que se transforma en poema.
Como unha auténtica maleducada
fago cachizas as fotos da infancia,
pinto as unllas e as paredes de negro,
deixo pelusas nas mangas dos xerseis,
escollo adrede o vestido máis feo,
protexo a parte branda das entrañas
cun estilo que me volve invisible.
Habito un cuadrilátero de dúbidas,
a anos luz do brillo das portadas,
cunha pouta de pánico no peito,
un piercing por única bandeira
e o cerebro como arma de combate.
Se o libro resulta atractivo, Carlos Negro vén con complementos. Pegatas con versos, con chíos, para deixaren pegada case indeleble:
1 comentario:
Unha muller, para manterse fiel a si mesma, necesita levar o vestido máis feo? Pintar as unllas e as paredes de negro? Escachizar as fotos da súa infancia?
Simbolicamente, a iso conduciu a sociedade machista patriarcal: a muller como soporte das miserias, na casa e coa pata rota.
Para as miñas fillas quero o dereito de habitaren a súa beleza e a beleza da súa vida. Sen homes que lles impoñan o cortello, que as obriguen a ser libres.
O padre Peiton xuntaba millóns de persoas para rezar o rosario. Unhas décadas despois, ninguén o lembra.
Publicar un comentario