Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/02/14

Siete ratones ciegos


Estupendo este álbum que me recomendou Anxos (non podía ser doutro xeito) de Ed Young (considerado como un dos dez mellores ilustradores do mundo) publicado por Ekaré: Siete ratones ciegos é unha fábula que capta a atención do lector dende a primeira páxina, impactado visualmente por un fondo negro onde destacan as cores dos personaxes. Uns ratiños que verán "Algo moi raro" e que non se poñen de acordo nas súas conclusións. A disposición ilustrada das páxinas crea sensación de movemento e espazo é un elemento máis, tan importante como a acción. Unha fábula que conta cunha "moraleja ratoneja" perspicaz e adaptable, porque, efectivamente, non hai peor cego que aquel que non quere ver. E non dicimos máis.

“Si sólo conoces por partes dirás siempre tonterías, si puedes ver el todo hablarás con sabiduría”. 





2 comentarios:

mariapousa dixo...

Fabuloso texto! Nós o temos montado con para que o alumnado poda interactuar con él.

http://menos-lobos.blogspot.com.es/2011/04/7-ratones-ciegos.html

María

Ronsel dixo...

Xenial, María. Grazas por achegarte e deixarnos a ligazón. Saúdos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.