Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/03/14

Ayúdame a pensar

 O primeiro que chama a atención deste libro publicado por Thule é a portada. Logo, Eva Manzano e Carolina Díaz ofrecen un álbum diferente e atrevido. Ayúdame a pensar é a procura da lóxica dentro do ilóxico, a razón nun mundo confuso e desquelibrido, a liberdade dentro do caos. Dentro dun mundo abstracto, aberto ao noso maxín, seremos nós quen debemos explorar o camiño que queremos darlle ao libro. As ilustracións, explosión de cor e forma, suxestivas, axudarán a abrir novas perspectivas. Porque nós construímos a historia mentres a ilustración plasma a emoción.
Porque o mundo que lemos existe, ten lóxica, ten espazo, ten tempo. Pero podemos pensar que as situacións máis difíciles, aquelas que pensamos que non poderemos superar, tamén poden ser vencidas pola nosa forza lóxica, pola axuda que nos proporcionen mentres buscamos a saída. E esta está aí.
Inevitable non pensar.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.