Un cómic surrealista nunha publicación que se sae (tapa dura en gran formato con cinta elástica coma se fose unha axenda con extras con bocetos, biografías, e guión orixinal) a cargo de Norma Editorial. Premio Eisner á Mellor obra, Mellor artista e Mellor deseño, o autor é Jim Henson e o título Cuento de arena. O que non sabía é que este autor é o inventor de "Barrio Sésamo" e que antes de facer isto xa realizaba cine experimental. Así que xunto con Jerry Juhl, escribiron este guión que agora ten forma de cómic grazas a Ramón K. Pérez.
Realmente, o libro é alucinanate. Nun principio temos o protagonista recibido con gran boato por un sheriff que lle dá consellos e que o pon a correr. O resto do libro será a persecución continua á que se ve sometida o noso protagonista, sen sabermos por que nin por que non. Iso si, está claro que ten que fuxir. Como sería un filme deste disparate??? Paréceme alucinante como o autor nolo pon en cómic, con páxinas dinámicas, cor e fantasía por doquier. Non sei moi ben se todo isto é unha metáfora, só sei que toparedes francotiradores, leóns, xeques árabes, equipos de rugby e un montón de obstáculos que realmente semella unha pasaxe onírica do protagonista. Pero... cal é a conclusión?
Certamente, que paga a pena telo entre as mans.
Sen comentarios
Publicar un comentario