Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/03/14

De verdad que no podía


Gabriela Keselman e Noemí Villamuza son as responsables deste fermoso álbum que publica Kókinos: De verdad que no podía fala de cando un neno ou unha nena non é quen de durmir e da figura salvadora da nai ou do pai para espantar monstros e contar contos. Pero a pesar de que podería ser un libro máis sobre terrores nocturnos destaca o sentido de humor con que está tratado o texto. E claro, eu teño especial debilidade por Noemí Villamuza, así que me quedo con el polas ilustracións. O libro resulta menos previsible polo final, xa que a frase que antes servía para falarnos dunha cousa agora vai servir para a contraria, o que de seguro arrincará un sorriso ao lector/a. Tanto os medos infantís como as solucións maternas son hiperbólicas, o que dá un humor efectivo ao texto-


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.