Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/03/14

La propiedad


Un bo sabor de boca é o que deixa a lectura deste cómic de Rutu Modan que publica sins entido: La propiedad é a procura do pasado, a volta a uns pasos que quedaron demasiado atrás pero que nunca se lograron esquecer. A protagonista, unha anciá israelí, volve á súa Polonia natal para reclamar unha propiedade que lle pertenceu sempre á súa familia; acompañada da súa neta, percorrerá unha serie de sensacións, de paixóns e de segredos que iremos descubrindo canda a moza, quen tamén terá ocasión de descubrir o amor. Emotividade e sensibilidade reúnense nesta novela gráfica que se  le coma un conto dividido en sete actos onde hai maxia, hai historia, e sobre todo hai amor e sacrificio. Un cómic cheo de encanto, esperanza e amor compartido.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.