Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/03/14

María Olvido

Certa predilección gasto eu por Raquel Díaz Reguera. Desta volta achégome ao seu álbum publicado por Thule e ilustrado por Evangelina Prieto: María Olvido é unha nena despistada que está acostumada a que llo dean todo feito por ese defecto seu; de feito, cando non están os maiores fai todo ao revés. A solución será doada, aínda que a casa poida sufrir algún desperfecto. Pero o libro axuda a reflexionar sobre a importancia de prestar atención e sobre todo a importancia de deixar un oco para o desenvolvemento persoal dos individuos, o que axudará a que sexan máis maduros e reflexivos.
As ilustracións son moi fermosas, tenras pero ao mesmo tempo divertidas.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.