Que alegría recibir esta alfaia! Estou eu coma un neno con zapatos novos! Cando a editorial Kalandraka anunciou que este ano ía ser o ano Sendak, xa me remexín de ledicia. E agora, comeza a chegar o primeiro froito desa árbore: un clásico dos anos 70 de Maurice Sendak na nosa lingua: Na cociña de noite. Un texto onírico: que pasa na cociña cando o noso protagonista esperta e ve a tres cociñeiros preparando un pastel para o almorzo? Texto rimado moi breve, surrealista case, con ilustracións que, non podía ser doutro xeito, son marabillosas. Sabe o autor utilizar cada un dos recursos dun álbum ilustrado, xogando co texto e as ilustracións, o tamaño destas, as páxinas, o ritmo, a historia... todo conflúe nunha obra de arte que aperto porque é un tesouro.
Que ilusión!
Sabedes que o libro foi censurado en EEUU porque o neno protagonista sae nu nalgunhas páxinas? Isto si que é surrealista!!!
Sen comentarios
Publicar un comentario