Hoxe recibimos unha chamada do Gabinete de Normalización de Pontevedra,
dependente da Consellería de Educación, ofrecéndonos a impartición dos cursos Celga
que se programan na Estrada.
Velaí que a Consellería deixa de ofrecer os cursos preparatorios Celga
ao profesorado en paro e cos que segundo o informe da Inspección de
Traballo mantén unha relación laboral. Concretamente, a Inspección
Provincial de Traballo da Coruña, despois dunha
inspección á Secretaría Xeral de Política Lingüística, comprobou que o
profesorado que viña impartindo os cursos Celga non estaba dado de alta
na Seguridade Social, non se cotizaba por el como corresponde e non
tiñan recoñecidos os seus dereitos laborais. En consecuencia a Xunta terá que asumir unha forte sanción económica e debería reformar a escurantista metodololxía de contratación coa que actúa.
A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) fixo unha proposta para a mellora da planificación dos Celga na
que incluía a creación dunha lista pública e transparente de
profesorado colaborador na que se valorara obxectivamente a experiencia
e a formación para a impartición destes cursos e se abrira o camiño á
profesionalización no sector.
En vista do exposto, considerando que esta forma de realizar contratos
para a adminstración pública carece da transparencia e as garantías
necesarias, e en solidariedade co profesorado especializado na
formación de galego para a acreditación Celga, rexeitamos o ofrecemento da Consellería.
1 comentario:
Grazas polo voso apoio ante esta inxustiza propia do feudalismo! !
Publicar un comentario