Arredor de cinco mulleres son agredidas cada minuto no mundo. A Organización Mundial da Saúde alerta de que unha de cada tres mulleres no mundo sofre violencia física e/ou sexual. Bangladesh acumula as cifras máis altas de agresións con ácido.
Aquí: "Bangladesh: sueños quemados".
Gonga Dashi, 46 anos. Casou, enviuvou e tivo que volver á casa de seus pais. Alí un veciño quixo casar con ela e como ela non o aceptou, agrediuna con ácido na rúa. Nunca foi arrestado, fuxiu e non se sabe del.
Helena Khanom, 21 anos. Rociada con ácido polo seu cónxuxe mentres durmía porque a familia dela non lle pagaba o dote.
Khodaja Khatun, 25 anos. Atacada por unha pelexa veciñal por unhas terra. O agresor, da súa propia familia, nunca foi xulgado.
Nargis, 36 anos. Atacada polo cuñado mentres durmía. A demanda foi desestimada por falta de probas.
Nur Banu, 28 anos. O seu ex-marido mandou que a atacasen como vinganza.
Purnima Mandol, 28 anos. Tamén agredida mentres durmía e asemade os culpables sen castigo. Agora ela traballa con organizacións que loitan por rematar con esta forma de violencia.
Sofura Khatun, 36 anos. Herdou do seu sogro e os seus cuñados non llo perdoaron.
Sen comentarios
Publicar un comentario