Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/03/14

Pasaia blues



Unha boa recomendación a que nos propón a editorial Hugin & Munin esta de Harkaitz Cano, Pasaia blues. Lectura onde se mestura un triángulo membro dun comando terrorista, un policía fisonomista que acaba esquizofrénico, un escuro comisario sen prexuízos morais... todo convivindo nunha atmosfera claustrofóbica nos anos 90. O libro non é lectura fácil pola fragmentación, pola escuridade que supón non saber onde van os personaxes, ás veces non saber que fan, como un xogo de espellos onde se dilúen e temos que averiguar cal é a imaxe verdadeira. Saltos de tempo, lírica, reflexión, violencia... unha tea de araña onde os personaxes búscanse e ás veces topan o que non queren. Literatura cinemtaográfica de atención lectora nunha cidade depravada onde non faltan pelexas de cans clandestinas, violencia, ladróns de chatarra, boxeo... e todo conectado co conflito vasco.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.