Vale, nunca pensei que este álbum fora así de "apabullante". Polo tamaño, pola disposición horizontal, polas ilustracións, pola edición, pola forma... polo prezo. Tiña curiosidiade: un álbum de Francisco X. Fernández Naval, en castelán, publicado pola editorial Trifolium. As ilustracións de Ali Ali, de orixe siria, reveláronme o porqué dun texto que tamén está en árabe grazas a Yassin Swehat: Suleiman y Salúa é unha alfaia, unha obra de arte.
Unha historia tradicional do país do ilustrador, Siria, quen lle contou ao escritor relatos da súa nenez e que este foi fiando ata dar con este álbum: unha serea habitante dunha illa extraordinaria que
namora dun pescador pero que, tras un tempo de intensa paixón, ve como o
seu amor remata por mor da imposibilidade de conciliar os seus tan
diferentes mundos de orixe. Mitoloxía antiga de sereas que vén xa do mundo árabe, ensoñación e fantasía.
Chama dende logo a atención a edición deste libro: a tipografía, as cubertas, as cores, as ilustracións, absolutamente todo está coidado con mimo e detalle. Unha auténtica pasada.
Chama dende logo a atención a edición deste libro: a tipografía, as cubertas, as cores, as ilustracións, absolutamente todo está coidado con mimo e detalle. Unha auténtica pasada.
1 comentario:
Ola de novo!
Fantásticas ilustracións que tivemos afortuna de disfrutar no Museo de baelas artes de A Coruña fai dous anos. A lenda deu pé a un taller que non pasou desapercibido.
Aquí vos deixo o enlace:
http://novosnobarrio.blogspot.com.es/2012/05/emboscada-no-museo.html
Saúdos, María
Publicar un comentario