Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/04/14

As viaxes de Ruki


Lin dunha pequena sentada a nova proposta de Ramón Caride para a infancia que publica Xerais na súa colección Sopa de Libros: As viaxes de Ruki conta coas ilustracións de Manolo Uhía. Un libro cheo de fantasía onde destaca o fértil maxín do seu autor para ofrecer un libriño divertido que ao mesmo tempo agocha unha crítica social de todo canto está a pasar. Visitar outros planetas é percatarse de moitos dos problemas que acucian ao noso, como o quenteamento global, a corrupción, os ladróns sen escrúpulos... todo iso disfrazado, por suposto, baixo unha lectura amena marabillosamente acompañada polas ilustracións coloristas de Uhía.
Non lle será difícil á rapazallada aínda pouco lectora engancharse con este libro divertido onde descubrirán que o Universo e o maxín non ten límites.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.