Un dos álbums máis fermosos que teño lido nestes últimos tempos é este de José Rosero publicado por Lóguez: Clarice era una reina recibiu o Premio da Fundación Cuatro Gatos. Baseado nunha personaxe real, o libro xoga con dous universos paralelos, o do texto e o da ilustración, o da estética do conto de fadas e o da crueza da realidade. Dende a primeira páxina do libro decatámonos de que este vai ser un libro diferente que non anda con contemplacións pero que si é unha alegoría, metáfora continuada de desalento. Teremos que ser lectores adultos para comprender que a imaxe está a ofrecernos unha realidade que a personaxe vive doutro xeito, inmersa na súa propia e idílica imaxe.
Unha lectura emocionante, vibrante, actual, dura e sincera. Magnífico álbum que nos lembra, unha vez máis, que a ilustración nun álbum é unha cuarta, ou quinta, realidade.
“Ese día Clarice quiso volver a casa.
Ya conocía suficiente sobre el aire de fuera
y sobre los matices del gris,
Que se extendían en el suelo como caminos”




Sen comentarios
Publicar un comentario