Coma en anos anteriores as diferentes seccións da IBBY difunden
a imaxe e o texto conmemorativos do Día Internacional do Libro
Infantil, en memoria de Hans Christian
Andersen.
Nesta ocasión, é
Irlanda o país encargado de poñerlle palabra e imaxe a este cartel que
percorre o mundo enteiro lembrando a necesidade de manter viva unha
literatura de calidade destinada a nenos e mozos. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que
recibiu entre outros premios o Premio Laureante na nög, o Premio de
Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa así mesmo merecedora do Premio de Literatura Infantil de Irlanda, entre outros galardóns.

![Genial cartel de @[1609170971:2048:David Pintor] para celebrar mañana el Día Internacional del Libro Infantil.](https://fbcdn-sphotos-f-a.akamaihd.net/hphotos-ak-ash3/t1.0-9/s851x315/1010223_627571390656389_354193342_n.jpg)




Sen comentarios
Publicar un comentario