Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/04/14

El oscuro invierno

Non sei como cheguei ata este libro. Claro, non sorprende ao ser novela negra. O certo é que o lin nunha soa tarde. El oscuro invierno de David Mark está publicado por Siruela e consegue o que toda boa novela negra: atrapar o lector. E non debo ser eu soa a que opina isto, xa que foi unha das novelas máis vendidas no Reino Unido. A súa receita: unha linguaxe chea de frases curtas e moitos diálogos. E un detective tenro: un novo detective que engadir á xa longa listaxe: Aector McAvoy. Un home corpulento, de trato difícil, obsesionado e totalmente amoroso. E legal. Moi, moi legal. (Iso case semella ben raro nestes mundos que vivimos)
“ Un tipo grande, de pecho fuerte y ancho, con el abrigo cruzado a la moda. Bien parecido, pese a su pelo rebelde y su oronda cara de granjero. Debe medir más de uno noventa, pero en sus movimientos, en sus gestos, hay una delicadeza que sugiere que le asusta su propio tamaño; como si constantemente temiera romper todo lo que es más frágil que él. Por su acento solo es capaz de precisar que es pijo y escocés”.
Como primeira entrega non está mal. A ver que pasa coas seguintes. Por suposto, non é unha novela redonda nin está á altura dos grandes do xénero (nin comparación con Ian Rankin, Jo Nesbo ou algúns outros), pero estase deixando querer. A min, recoñezo, gustoume este detective grandote que ama á súa familia con loucura e que ve os defectos do departamento de  policía, porque nada hai perfecto. Logo, falla en lugares comúns e perspectivas un tanto atrapalladas. Pero haberá que lle dar unha oportunidade!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.