Es amante dos libros? Un pouco fetichista? Tes os andeis cheíños e sempre pensas que non vas comprar máis libros? Pois aquí tes un libro que vas mercar, si ou si. Non hai elección. Sinxelamente, é un pequeno álbum irresistible. Un libro que fala de libros. Ilustracións que falan de libros. Tesouro que agocha libros.
Vén de publicar Nórdica esta marabilla de Quint Buchholz: En el país de los libros é sobre todo unha declaración de amor, unha promesa eterna de ser amante dos libros. Todo o que significan os libros está aquí. 26 ilustracións, 26 frases, 26 declaracións, 26 argumentos que definen esta alfaia: se non es amante dos libros e da lectura, nin te achegues!
LER É SOÑAR DA MAN DOUTRO
1 comentario:
Que grande é Quint Buchholz, un poeta do surrealismo. Aproveito para recomendar outro dos seus libros editado xa hai uns anos por Lumen e que se titula "El libro de los libros".
Publicar un comentario