Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/04/14

Gorigori



Sempre é unha auténtica ledicia recibir un libro de poesía que fose "Premio de Poesía para niños Ciudad de Orihuela"; ademais, a garantía de estar publicada por Kalandraka: sinal de inmellorable edición!; inda por riba a obra reproduce diversas obras pictóricas que foron fonte de inspiración para o poemario. Moito máis non se pode pedir!
Así que temos nas mans 48 poemas que non só gustan literariamente senón que supoñen convidarnos a ver a arte doutra maneira, fusionando poesía e pintura. E non só iso: o libro supón que procuremos as obras referenciadas e non reproducidas para solucionar os nosos anceios de mirar a poesía, é dicir, ofrece unha sede artística que coido é magnífica para ler cos nenos e nenas. María Jesúa Jabato consegue un libro combinado de arte poética que non deixa indiferente, poemas rimados que van máis alá da poesía infantil para conformar un mundo nuevo de creación e arte, de linguaxe cotiá e de silencios, de ledicia e tristira, de aire e de quietude. Porque ben sabemos que as cousas máis pequenas forman parte dos poemas máis grandes, e porque precisasmos da poesía e da arte para ser humanos. Porque somos capaces de sentir grazas ao que outros crean, e porque somos quen de crear a partir do que outros crearon. E de sentir emocións diferentes e contrarias que outros non crían posibles.

En las lejanas cumbres
de las montañas más altas,
equilibristas de riscos,
pasta un rebaño de cabras
y cuando elevan la vista
todo es oro, todo es plata,
sol joven que las alienta,
luz de luna que las baña. 



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.