Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/04/14

O paso adiante: gañadores do Correlingua 2014



Velaquí o vídeo gañador da edición 2014 do Correlingua.

A banda deseñada mellor valorada foi a do grupo de 5ºA do Colexio Divina Pastora (Lugo).
Os gañadores do manifesto foron os alumnos de 3ºA que cursan a ESO no IES Isaac Díaz Pardo (Sada), inspiráronse na poesía de Díaz Castro para construir a súa proposta:

E nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS!!!!
Trazamos un camiñoque arranca esta mañá co Cola-Cao e os cereais.Bos días en galego, por que non?Espreguízome con Doraemon, que saca do seu peto máxico o Xabarín Club.Baixo os chanzos da escaleira, saio da casa co pé dereito, coa mochila e co noso galego.E xa estou no mundo, no meu mundo, no teu mundo galego!!
GALEGO, O PASO ADIANTEMiraremos atrás só para disfrutar do moito que avanzamos.
Os meus amigos espéranme na rúa,- EH! Viches que cambiei o meu perfil?Si, eu dei o paso adiante co galego.A que esperas ti?- Quen nos ía dicir que estaría ben whassapear en galego!. Non si?- Abofé que si.GALEGO, O PASO ADIANTE- Pincha hoxe mesmo no “hashtags”do teu Twitter:# GALEGOe verás cantos estamos conectados no mundo.
GALEGO, O PASO ADIANTEEsta nosa Penélope que tece e tece no galegoe NUNCA DESTECE.Paso a paso construímos un mundo novo, o noso mundo, o noso mundo futuro, co noso idioma galego. Somos NÓS os que decidimos onde empregalo, alí onde vaiamos: no instituto, na vila ou na cidade, tanto ten: virá con NÓS.GALEGO, O PASO ADIANTEEste fío invisible e forte que é a lingua vén ao noso carón alá onde vaiamos; ensinémoslla ao mundo en twiter, en facebook...poñamos o xermolo en cada faro,en cada deserto,en cada estrada,en cada boca que desperta ao mundo.GALEGO, O PASO ADIANTEo paso que damos nós cara ao futuro,nós, sinós decidimos empregar a nosa lingua.
GALEGO, O PASO ADIANTENos camiños do mundo enteiro, haberá un corazón galego que latexará co noso acento: sen pudor, sen vergoña , sen prexuízos que abafen a nosa valentía e a nosa responsabilidade de representar a Galicia.
Porque nos une, porque nos fai máis fortes e porque nos identifica na “tea dos teus soños” DÍAZ CASTRO.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.