
Un vello libro publicado por Susaeta por primeira vez no ano 1975 -coido que a última edición data de 1990- de John Burningham: Trubloff. El ratón que quería tocar la balalaica é un álbum con ilustracións moi expresivas, con colgaes, cunha narración simpática que interacciona perfectamente coas ilustracións, que tamén cargan co peso do descrito. Destaca o valor da familia e da música, a persecución dun soño por riba de todo e a súa consecución. Nada é imposible se nolo propoñemos!





Sen comentarios
Publicar un comentario