Publica Kalandraka este novo disco-album de Paco Nogueiras con ilustracións de David Pintor: Brinca Vai! conquistoume sobre todo por dúas cancións: "A palabra ten vida" e "Nun libro". Aí xa souben que era definitivamente un CD para escoitar moitas veces. Como vai ser doutro xeito se podo cantar:
"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"
Desde logo, se eu dese clase en primaria, tería a ben comezar cada mañá escoitando unha canción tan acaída deste disco, unha máis desa ducia que percorren momentos tradicionais do noso país coma o Samaín ou o Magosto, con variedade de estilos que van dende o tecno ao rap, do pop ao rock ou
da música electrónica á tradicional… iso, si, sempre baixo unha ledicia cómplice que nos contaxia dende o primeiro momento. Así que non tardedes en pór vós tamén ese chapeu azul que será a marca da casa deste inesquecible traballo.
Sen comentarios
Publicar un comentario