Pareceume súper-orixinal esta proposta que mestura cómic e texto de Max e que publica La Cúpula: Conversación de sombras en la villa de los papiros é, como digo, unha novla gráfica en viñetas e a aportación de textos básicos nesta historia: a carta de Epicuro a Meneceo -que condensa os puntos máis importantes da súa filosofía- e dúas carta de Plinio o Novo a Tácito onde conta a morte do seu tío na explosión do Vesubio. O mérito do libro está, pois, nesa conxunción e na cesión a voces orixinais da época: “La muerte nada es para
nosotros, pues mientras no somos, la muerte no está presente, y cuando
la muerte se presenta, nosotros no existimos”. Na primeira parte do libor, aquela que é novela gráfica, o autor preséntanos un filósofo maior e un estranxeiro recén chegado que desexa iniciarse na filosofía epicúrea, un diálogo que se pecha bruscamente polos acontecementos históricos que significaron a desaparición de Pompeya e Herculano.
Unha proposta magnífica.
Unha proposta magnífica.
Sen comentarios
Publicar un comentario