Chris Priestley é o autor de dous
libros imprescindibles, catalogados como xuvenís, para todos aqueles que
queiran pasar un par de horas gozando con relatos de fantasmas.
Cuentos de terror de los objetos perdidos (SM, 2009) e Cuentos
de terror del Barco Negro (SM, 2011) son os seus títulos e en ambos os
dous casos son historias enmarcadas nunha narración máis ampla. No primeiro, é
o misterioso e excéntrico Tío Montagne (arrepiante o que ao final coñecemos
deste personaxe! ), o fío condutor dos contos,
todos cunha atmosfera moi vitoriana, mentres llos vai narrando ao seu
sobriño Edgar. No segundo, vai ser o estraño e inquietante visitante Jonah
Thackeray, quen chega á casa dos irmáns Cathy e Ethan, a Posada Vieja, nunha
noite de treboada (non saben eles o final que lles espera!).

Se
tivera que elixir un dos relatos, quedaría con La poda de invierno, onde a clásica bruxa do conto segue a asustar os
nenos e nenas, pero ademais diso, castiga terriblemente a aqueles que ousen
profanar o seu territorio. A que non sabedes de que xeito?
“Quiso correr, pero al intentarlo descubrió
que no podía moverse. Le pareció que los pies se le habían quedado clavados al
suelo y, en realidad, enseguida advirtió que non se trataba solo de los pies.
Ninguna otra parte de su cuerpo le respondía. Veía el jardín y el muro en que
había estado sentado, y percibía vagamente que estaba rodeado de ramas. Por lo
visto, se encontraba atado a uno de los manzanos”.
Sen comentarios
Publicar un comentario