Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/05/14

No es fácil vivir con un tigre

Pequeno e divertido álbum que publica a editorial Unaria: No es fácil vivir con un tigre é de Mar Benegas e Blanca Bk. Unha reflexión sobre quen somos e que sentimos, o valor da amizade e os nosos cambios de humor e ánimo. Quen non ten maxinado algún personaxe inexistente ao noso carón? E por que non convertilo nun amigo inseparable que necesitamos? E, ao mesmo tempo, como debemos comportarnos nós cos nosos amigos e amigas? Igual que necesitamos apoio na nosa tristura, nós debemos ofrecelo.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.